Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29195

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2014 pola que se gradúan os incumprimentos de condicións nos expedientes tramitados ao abeiro da Resolución do 26 de novembro de 2013 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 euros, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, tramitadas para a convocatoria de 2014 mediante expediente anticipado de gasto e publicadas no Diario Oficial de Galicia número 230, do 2 de decembro de 2013.

As bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 euros, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, establecen no seu artigo 16.3.b) a posibilidade de desenvolver mediante resolución do director xeral, ditada por delegación do Consello de Dirección e publicada no Diario Oficial de Galicia, os criterios de graduación para determinar o alcance da obriga de reintegro no caso de incumprimento doutras condicións alleas á contía ou conceptos da base subvencionable.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar os seguintes criterios de graduación para determinar o alcance da obriga de reintegro no caso de incumprimento doutras condicións alleas á contía ou conceptos da base subvencionable. respecto aos expedientes tramitados ao abeiro da Resolución do 26 de novembro de 2013 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 euros, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, tramitadas para a convocatoria de 2014 mediante expediente anticipado de gasto e publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 230, do 2 de decembro de 2013:

1. Non manter os investimentos obxecto da subvención durante o período establecido suporá a perda da subvención correspondente ao activo non mantido, nunha porcentaxe equivalente ao tempo non cumprido.

2. Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

3. Suporá a perda dun 5 % da subvención concedida:

a) Non dar publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto de subvención, de acordo co establecido no artigo 13.g) das bases reguladoras.

b) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención, suporá a perda dun 5 % da subvención unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

4. Suporá a perda dun 10 % da subvención concedida, no caso de incumprimento da obriga establecida no artigo 5.3 das bases reguladores, en canto a que para modificar o provedor seleccionado deberase pedir, previamente á súa contratación, autorización ao Igape e xustificar as razóns do cambio.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica