De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente instruído.
O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.
O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º andar.
Nº de expediente: Pesan 1 2013/000972-1.
Interesado: José Manuel Lens Piñeiro.
DNI: 76965138P.
Enderezo: Quinteiro, s/n, Cespón, Boiro.
A Coruña, 10 de xuño de 2014
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
