Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 30 de xuño de 2014 Páx. 29484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 17 de xuño de 2014, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU-S-11/2014 e OU-S-12/2014, por infracción en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícanselle á persoa que a continuación se relaciona, as propostas de resolución dos expedientes sancionadores nº OU-S-11/2014 e OU-S-12/2014, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

A interesada poderá recoller as propostas de resolución, así como acceder aos correspondentes expedientes, mediante comparecencia nas dependencias desta área provincial, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, Ourense.

De acordo co artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, contra a presente proposta de resolución poderá, no prazo de 15 días contados desde a súa notificación, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que considere convenientes, ante o instrutor do procedemento.

Expediente: OU-S-11/2014.

Titular sancionado: Sammcar, S.C.

Establecemento: café bar Casa San Martín.

Domicilio: barrio da Cruz Roja, 18.

Localidade: Verín.

Proposta de resolución: 26 de maio de 2014.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sancións propostas: 150 € pola tipificada no artigo 109.2.b) e 350 € pola do 109.2.c).

Expediente: OU-S-12/2014.

Titular sancionado: Sammcar, S.C.

Establecemento: restaurante Casa San Martín.

Domicilio: barrio da Cruz Roja, 18.

Localidade: Verín.

Proposta de resolución: 26 de maio de 2014.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sancións propostas: 150 € pola tipificada no artigo 109.2.b) e 350 € pola do 109.2.c).

Ourense, 17 de xuño de 2014

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe de Área Provincial de Turismo de Ourense