Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 30 de xuño de 2014 Páx. 29498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre a licitación do programa Vigo en Inglés.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 16073-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión, organización e desenvolvemento do programa municipal de inmersión lingüística mediante integración escolar en período lectivo nun High School Vigo en inglés para a mellora da competencia lingüística en inglés de estudantes de 3º da ESO matriculados en centros educativos de Vigo sustantados con fondos públicos.

Lugar de execución: Vigo e distintos lugares do Reino Unido e Irlanda, que determinará o adxudicatario.

Prazo de execución: dous anos. Prórroga: si, dúas prórrogas, a primeira dun ano de duración e a segunda ata o 31 de decembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: uxente.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 1.392.000 euros (contrato exento de IVE).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante), teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 8 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 13 do prego de condicións administrativas e nos puntos 6 e 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 19 de xuño de 2014

Carlos López Font
Concelleiro delegado de Economía e Facenda e Contratación