De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; o artigo 114.2 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, e despois de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1-5, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2014
Sol Mª Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo
ANEXO
Expediente: 32R001-16-2010.
Interesado: Juan Blanco Diéguez.
CIF: 35968161W.
Acto notificado: resolución do recurso de alzada.