Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 11 de xuño de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00432-O-2014 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 11 de xuño de 2014

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00432-O-2014

3778-HCR

Garda Civil 1504 Z27752V

Transportes Carreras, S.A.

A50018837

Polígono Cogullada, r/ Jaime Ferrán, 10

50014 Zaragoza

Exceso no tempo de condución bisemanal

(90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

30.9.2013; 17.37; N634; 679,00

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00436-O-2014

3778-HCR

Garda Civil 1504 Z27752V

Transportes Carreras, S.A.

A50018837

Polígono Cogullada, r/ Jaime Ferrán, 10

50014 Zaragoza

Diminución do descanso diario normal

(sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

30.9.2013; 17.39; N634; 679,00

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100 euros

XC-00781-O-2014

7447-FST

Garda Civil 1504 A-35144-Y

Ángel Vázquez Maceiras

32596333C

Girona 30

08509 Les Masies de Voltregà

Barcelona

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

29.10.2013; 18.19; N-634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100 euros