Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monterrei (expediente IN407A 2014/12-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CT, RBT Hotel Gallego-Albarellos Río II.

Situación: Monterrei.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 21 m con condutor RHZ1 e orixe no PAS da LMT ao CT Hotel Gallego cedida a distribuidora (expediente 3560 AT) e remate no CT proxectado Hotel Gallego-Albarellos Río II de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea a 20 kV de 580 m en aéreo con condutor RZ e 54 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado.

Orzamento: 46.586,28 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 9 de xuño de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense