Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 18 de xuño de 2014, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 36R002/36/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo na praza da Estrela, 9, 7º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 18 de xuño de 2014

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36R002/36/2014.

Interesada: Talleres Prieto Rial, S.L.U.

CIF: B36207124.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente.