Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 467/2011 por instancia de Beatriz Rodríguez Álvarez e Miriam Yáñez Fernández contra a empresa José Alejandro Pita Montero, sobre cantidades, nos cales se ditou sentenza o 5.11.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Decido que se admite a demanda formulada por Beatriz Rodríguez Álvarez e Miriam Yánez Fernández fronte a José Alejandro Pita Montero e, en consecuencia, condénase a José Alejandro Pita Montero a aboar a Beatriz Rodríguez Álvarez e Miriam Yánez Fernández as seguintes cantidades:
– A Beatriz Rodríguez Álvarez, a de 2.301,30 euros.
– A Miriam Yánez Fernández, a de 1.120,26 euros.
Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa José Alejandro Pita Montero expido e asino a presente.
A Coruña, 10 de xuño de 2014
A secretaria xudicial
