Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 18 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica resolución do procedemento sancionador PO-29/2013-C por infracción en materia de comercio.

Con data do 20 de maio de 2014, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria ditou resolución no expediente sancionador PO-29/2013-C , incoado a Enzo Durán Pujales.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación persoal da resolución do expediente sancionador e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle ao interesado a resolución do expediente que figura como anexo.

O interesado poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Coordinación Industrial, xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria; Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; Praza da Estrela, s/n, 6ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia desta.

Este anuncio remítese, así mesmo, ao concello correpondente do último enderezo coñecido do interesado para que proceda á súa publicación no taboleiro de edictos.

Contra a resolución deste expediente poderá o interesado interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Vigo, 18 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-29/2013-C.

Interesado: Enzo Durán Pujales.

Enderezo: rúa Santa Ana, 36860 Ponteareas (Pontevedra).