Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 29998

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2014 pola que se publica o cambio de denominación do título de máster universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais pola de máster universitario en Enxeñaría da Construción.

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou o 20 de novembro de 2007 a proposta do Programa Oficial de Posgrao de Enxeñaría da Construción para o curso 2008/09, que incluía o título de máster universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais. Tras a dita aprobación, a universidade iniciou os trámites necesarios para obter a verificación por parte do Consello de Universidades e a autorización da Comunidade Autónoma, e resultou finalmente aprobado en Consello de Ministros o 15 de abril de 2011 e rexistrado no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT). O plan de estudos correspondente foi publicado no Boletín Oficial del Estado do 28 de maio e no Diario Oficial de Galicia do 22 de maio de 2012.

O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Aparelladores e Arquitectos Técnicos interpuxo un recurso contencioso-administrativo contra a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades, do 26 de abril de 2011, pola que se publica o acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 polo que se establece o carácter oficial de determinados títulos de máster e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (Boletín Oficial del Estado do 11 de maio). A sentenza do Tribunal Supremo (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 4) do 28 de xaneiro de 2014 estimou o citado recurso e decidiu a anulación do Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011, en canto que declara oficial a denominación de máster universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais outorgada pola Universidade de Vigo.

Unha posterior sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo Sección 1 do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, con data do 9 de abril de 2014, estima o recurso interposto polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España contra a Resolución do 21 de abril de 2012 da Universidade de Vigo (Boletín Oficial del Estado do 28 de maio) pola que se aprobou o plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais, anulando esta.

Para dar cumprimento a estas sentenzas, a Universidade de Vigo aprobou o cambio de denominación do título de máster universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais pola de máster universitario en Enxeñaría da Construción, que obtivo informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia con data do 29 de abril de 2014 para a nova denominación e a súa inclusión no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.

Polo exposto, esta reitoría, en virtude do disposto no artigo 28.3 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, na redacción dada polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, que modifica o anterior, resolve ordenar a publicación do mencionado cambio de denominación do título de máster universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais pola de máster universitario en Enxeñaría da Construción pola Universidade de Vigo, así como a publicación do plan de estudos correspondente.

Esta resolución deixa sen efecto a Resolución do 21 de abril de 2012, pola que se publicou inicialmente o plan de estudos do título agora modificado (Boletín Oficial del Estado do 28 de maio).

Vigo, 10 de xuño de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Enxeñaría da Construción

Rama de Coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

50

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

10

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Recursos Humanos e Prevención de Riscos

4

Obrigatorio

Común

Xestión de Proxectos

3

Obrigatorio

Xestión Interna da Empresa

3

Obrigatorio

Documentación de Proxectos e Obras

4

Obrigatorio

Dereito Urbanístico

3

Obrigatorio

Sustentabilidade na Construción

3

Obrigatorio

Patoloxía, Rehabilitación e Reforzo

3

Obrigatorio

Estruturas

Xeotecnia Aplicada, Cimentacións e Estruturas de Contención

4

Obrigatorio

Sistemas de Pretensado e Postesado. Prefabricación

3

Obrigatorio

Análise Dinámica

3

Obrigatorio

Estruturas de Aceiro e Mixtas

5

Obrigatorio

Cálculo Estrutural. Aplicación do Método de Elementos Finitos

4

Obrigatorio

Estruturas de Fábrica e de Madeira

3

Obrigatorio

Estruturas de Formigón Armado

5

Obrigatorio

Instalacións Eléctricas

6

Obrigatorio

Instalacións

Instalacións Contraincendios

3

Obrigatorio

Acústica e Ruído

3

Obrigatorio

Instalacións de Abastecemento e Saneamento

3

Obrigatorio

Instalacións Térmicas

6

Obrigatorio

Instalacións de Telecomunicacións

3

Obrigatorio

Instalacións de Gas e Aire Comprimido

3

Obrigatorio

Instalacións Complementarias

3

Obrigatorio

Traballo fin de máster

10

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría da Construción. Especialidade Estruturas, o alumnado deberá superar os 20 ECTS do módulo Común, 30 do módulo de Estruturas e 10 do traballo fin de máster.

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría da Construción. Especialidade Instalacións, o alumnado deberá superar os 20 ECTS do módulo Común, 30 do módulo de Instalacións e 10 do traballo fin de máster.