Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30221

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2014 pola que se dá publicidade as encomendas de xestión para a execución de obras, formalizadas pola entidade pública Portos de Galicia durante o exercicio 2013.

En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), dáse publicidade á formalización das encomendas de xestión, tramitadas pola entidade pública Portos de Galicia durante o exercicio 2013, para a execución das seguintes obras:

A) Obras do local multiúsos, almacén e base técnico-operativa no edificio da confraría de pescadores do porto de Celeiro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda:

Descrición do obxecto: obras do local multiúsos, almacén e base técnico-operativa no edificio da confraría de pescadores no porto de Celeiro.

3. Valor estimado da encomenda:

123.913,34 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda:

a) Data de formalización da orde de execución: 28 de novembro de 2013.

b) Entidade (medio propio da Xunta): Tragsa.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución:

Dous (2) meses.

B) Recrecemento de rampla no peirao pesqueiro do porto de Pontedeume (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda:

Descrición do obxecto: recrecemento de rampla no peirao pesqueiro do porto de Pontedeume (A Coruña).

3. Valor estimado da encomenda:

175.306,82 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda:

a) Data de formalización da orde de execución: 28 de novembro de 2013.

b) Entidade (medio propio da Xunta): Seaga.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución:

Dous meses (2,5) e medio.

C) Mellora de accesibilidade e seguridade peonil do acceso ao porto de Beluso.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda:

Descrición do obxecto: mellora de accesibilidade e seguridade peonil do acceso ao porto de Beluso.

3. Valor estimado da encomenda:

349.907,81 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda:

a) Data de formalización da orde de execución: 17 de decembro de 2013.

b) Entidade (medio propio da Xunta): Tragsa.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución:

Seis (6) meses.

D) Mellora da seguridade peonil no bordo portuario de Vilaxoán.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda:

Descrición do obxecto: mellora da seguridade peonil no bordo portuario de Vilaxoán.

3. Valor estimado da encomenda:

219.952,94 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda:

a) Data de formalización da orde de execución: 26 de decembro de 2013

b) Entidade (medio propio da Xunta): Seaga.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución:

Tres (3) meses.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia