Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30242

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1220/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1220/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Manuel Vázquez Rey contra a empresa A.P.O. Infraestructuras, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza 348/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1220/2013.

Demandante: Carlos Manuel Vázquez Rey.

Letrada: Sra. Seijo Muíño.

Demandado: A.P.O. Infraestructuras, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Francisco Carlos Manuel Vázquez Rey contra a empresa A.P.O. Infraestructuras, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 1.541,93 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 31,15 euros/día.

3º. Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Carlos Manuel Vázquez Rey fronte á empresa A.P.O. Infraestructuras, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a lle aboar ao primeiro a suma de 2.451,68 euros ( 281,14 euros por salarios do mes de agosto de 2013 non satisfeitos; 1.479,32 euros por 124 horas extraordinarias debidas; e 691,22 euros por vacacións devindicadas e non desfrutadas).

4º. O Fogasa deberase ater ao establecido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de Reforzo do Social da Coruña. Asinado.

Publicada no día da súa data. Marta Yanguas del Valle. Asinado».

E para que conste e sirva de notificación a A.P.O. Infraestructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e publicación no taboleiro de anuncios do xulgado.

A Coruña, 12 de xuño de 2014

A secretaria xudicial