Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30567

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo

ANUNCIO do 10 de xuño de 2014 polo que se convocan axudas a pemes dentro do Programa de accións complementarias de iniciación no período 2007-2013.

O Consello Superior de Cámaras de Comercio, Industria e Navegación de España, xunto coas cámaras de comercio de Galicia poñen en marcha o Programa de accións complementarias de iniciación cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polas cámaras de comercio, no marco do Programa operativo de Galicia no período 2007-2013.

Este programa persegue servir de apoio á internacionalización, axudar a mellorar a competitividade e o fortalecemento empresarial.

Dentro das accións complementarias inclúense aquelas accións consistentes en encontros de cooperación empresarial, proxectos especiais de interese para as pemes e foros de pemes potencialmente exportadoras e/ou exportadoras que se adecuen ao obxecto de contribuír á internacionalización das pemes españolas.

O prazo para a presentación de solicitudes será o específico que se indique na convocatoria de cada acción concreta que se desenvolva con cargo ao período de programación Feder 2007-2013 e que será publicada nas webs das cámaras de comercio de Galicia nos enderezos que figuran ao final da presente convocatoria.

O texto completo desta convocatoria está á disposición das empresas na sede das secretarías técnicas das cámaras de comercio da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Ademais, pode consultarse a través das webs das devanditas cámaras nos seguintes enderezos:

www.camaracoruna.com; www.camaraferrol.org; www.camaralugo.com;

www.camaraourense.com; www.camarapontevedra.com;

www.camaracompostela.com; www.camaratui.com;

www.camaravigo.com; www.camaravilagarcia.com.

Vigo, 10 de xuño de 2014

Manuel Fernández Pool
Secretario xeral accidental Cámara de Comercio de Vigo