Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30643

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2014 pola que se corrixen erros na Resolución do 28 de maio de 2014 pola que se convoca un curso práctico na loita contra incendios, cofinanciado co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2007-2013 de Galicia, e se abre un novo prazo de presentación de solicitudes.

1. Corrección de erros.

Advertidos uns erros na Resolución do 28 de maio de 2014, pola que se convoca un curso práctico na loita contra incendios, cofinanciado co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2007-2013 de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 9 de xuño de 2014, cómpre facer as seguintes correccións:

Nas páxinas 25.923 e 25.924, onde di:

«4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Agasp (avenida da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra).

Datas:

Edición

Datas

9 e 10 de setembro

10 e 11 de setembro

…»;

debe dicir:

«4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Agasp (avenida da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra).

Datas:

Edición

Datas

9 e 10 de setembro

11 e 12 de setembro

…»

2. Novo prazo de presentación de solicitudes.

Esta corrección de erros supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes de 5 días naturais a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte

A Estrada, 17 de xuño de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública