A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.
c) Número de expediente: PA 53/2014.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: contratación dos servizos de formación e apoio a coidadores non profesionais e a usuarios do servizo de asistencia persoal dentro do ámbito de aplicación da Lei 39/2006, do 14 de decembro, cunha reserva do lote 6 a centros especiais de emprego, por procedemento aberto e tramitación ordinaria.
b) Lugar de execución: Comunidade Autónoma.
c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2014.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento máximo de licitación total previsto estímase en cincuenta e nove mil novecentos euros con oitenta e un céntimos (59.900,81 €) no que se atopa incluído o IVE do 21 %.
5. Garantía provisoria: non.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social, Subdirección Xeral de Recursos Económicos.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 56 50/881 99 51 59.
e) Fax: 981 54 56 63.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.3.2.1), documentación administrativa sobre nº 1, prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.
11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20852
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014
P.D. (Orde do 19.8.2009)
P.D. sinatura (Resolución do 8.7.2014)
Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Coordinación Administrativa
