Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 270/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Instituto Social da Mariña contra a empresa General Fisheries, S.A., Sercopesca, S.L., empresa José Antonio Constenla Acasuso, empresa Carlos Romero González, Activipesca, S.A., Fogasa, sobre seguridade social, se ditaron as seguintes resolucións, cuxas partes dispositivas se achegan:
«Dilixencia de ordenación.
Secretario xudicial: Juan Rey Pita.
A Coruña, 6 de xuño de 2014.
Presentado o anterior escrito por Carlos Arias Vaquero, en nome e representación de Carlos Romero González, tense por interposto recurso de reposición contra o decreto do 21 maio pasado, dando vista del ás partes, e que á vista do exposto nos numerais 1, 2 e 3 se resolverá posteriormente.
Á vista do exposto no feito terceiro e suplico do escrito e conforme o recollido no artigo 238 da LRXS, cítanse a incidente de execución as partes, que deberán acudir cos medios de proba de que se intenten valer, para resolver sobre a petición de corrección de cálculo do capital custo renda e atribución de responsabilidade entre as demandadas, as cales deberán ser citadas nos domicilios facilitados polo servizo de pescuda do PNX, que consta no expediente, ou a través dos seus representantes legais, se constaren, e todo iso sen prexuízo da presentación do incidente de nulidade de actuacións que anuncia a representación do Sr. Romero González, citando as partes: TXSS, executante, Sr. Martínez Domínguez, traballador beneficiario, e executadas: General Fisheries; Servipesca; Activipesca, José A. Constenla Acasuso e Carlos Romero González á vista incidental que terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, sito en edificio Novos Xulgados da Coruña (travesía de Monforte, nº 2), 1º andar, prevista para o día 30 de outubro 2014 ás 9.45 horas.
Da solicitude de suspensión preventiva interesada a medio de outrosí déase vista ás partes por tres días e despois acordarase.
Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén aquela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.
O secretario xudicial.
Dilixencia de ordenación.
Secretario xudicial: Juan Rey Pita.
A Coruña, 20 de xuño de 2014.
Visto o estado das actuacións, así como os escritos presentados polo letrado Sr. Arias, en nome e representación da empresa Carlos Romero González en data 11 de xuño de 2014, únanse estes ás actuacións.
Dado o resultado dos intentos de comunicación con José Antonio Constenla Acasuso, cítese (notificándolle resolución do 6 de xuño de 2014, así como a presente) a través do DOG e por medio de exhorto ao Xulgado do Social de Pontevedra.
En canto á solicitude de rectificación de erro material, póñase en coñecemento da súa señoría para levar a efecto o que en dereito proceda.
Do recurso de reposición formulado déase traslado ás partes durante o prazo de tres días co fin de que aleguen o que ao seu dereito interese.
Con copia do escrito correspondente e copia da presente, de conformidade co artigo 228.2 da LAC, fórmese peza separada de incidente de nulidade de actuacións e déase traslado durante o prazo común de cinco días ás partes co fin de que poidan formalizar por escrito as correspondentes alegacións.
Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén aquela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.
O secretario xudicial».
E para que sirva de notificación en legal forma a General Fisheries, S.A., Sercopesca, S.L., empresa José Antonio Constenla Acasuso, Activipesca, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 20 de xuño de 2014
O secretario xudicial
