
De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20159
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 44, do 5 de marzo de 2014.
2. Obxecto do contrato.
Tipo: obras.
Descrición: reparación das cubertas da catedral de San Martiño de Ourense, 2ª fase.
Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
3. Orzamento base de licitación: 355.785,02 €, IVE excluído.
4. Formalización do contrato.
a) Data da adxudicación: 25 de xuño de 2014.
b) Data da formalización do contrato: 30 de xuño de 2014.
c) Contratista: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A. (Resconsa).
d) Importe de adxudicación: 300.282,56 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria
