Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 18 de xullo de 2014 Páx. 31630

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 86/2014, do 17 de xullo, polo que se dispón o cesamento de Alfonso García Magariños como secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xullo de dous mil catorce,

D I S P O Ñ O:

O cesamento, por petición propia, de Alfonso García Magariños, como secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dezasete de xullo de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar