Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 18 de xullo de 2014 Páx. 31723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de xullo de 2014 de emprazamento para o trámite de audiencia, no expediente IU1/144/2012-R1, devolta polo servizo de Correos por non poder practicarse a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a José Manuel López Santos, no expediente IU1/144/2012-R1, en relación ao recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 29 de outubro de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa, de tipoloxía residencial, no lugar de Xan Amigo, parroquia de Osedo, no termo municipal de Sada, provincia da Coruña.

O expediente mencionado está á disposición do interesado nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispoñerá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel que se producise a notificación, para presentar as alegacións que considere procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística