Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 18 de xullo de 2014 Páx. 31675

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5599/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 5599/2012-RF desta sección, seguido por instancia de José Luis Vidal Míguez contra Mapfre Empresas, Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A., Eurometal Galicia, S.L. e Polysius, A.G., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que estimando en parte o recurso de suplicación interposto por José Luis Vidal Míguez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 desta cidade, o 9 de decembro de 2011, en autos 1100/2008, sobre reclamación de cantidade por danos e perdas derivados de accidente laboral, revogamos en parte a dita sentenza no sentido de estender a condena de forma solidaria a Mapfre Empresas, S.A. e á Mercantil Polysius, A.G., mantendo no demais os pronunciamentos da resolución de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Eurometal Galicia, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Venezuela, 3, entreplanta A, Betanzos, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de xuño de 2014

A secretaria xudicial