Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 18 de xullo de 2014 Páx. 31671

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2014 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convoca a persoa admitida pola quenda de promoción interna á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista en instalacións, grupo III, desta universidade.

Por Resolución do 26 de setembro de 2013 (DOG do 16 de outubro e BOE do 14 de novembro), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista en instalacións, grupo III, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

Por Resolución do 15 de xaneiro de 2014 (DOG do 30 de xaneiro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. O aspirante admitido pola quenda de promoción interna está exento de realizar o primeiro exercicio, por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Cuarto. Convocar o aspirante admitido pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 22 de setembro de 2014, ás 10.00 horas, na sala de xuntas da Casa da Balconada (Rúa Nova, nº 6, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realizou o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html.

Rematada a selección pola quenda de promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da primeira fase, mediante resolución reitoral, na cal se indicará o día, a hora, e o lugar e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2014

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela