Eva María Carbajo Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, polo presente anuncio:
No presente procedemento ordinario número 640/2011 seguido por instancia do procurador Manuel Carlos Diz Guedes en nome e representación de Banque PSA Finance Sucursal fronte a Rubén Arturo Galego Gómez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:
Sentenza 88/2013.
No Porriño, 26 de xuño de 2013.
Vistos por min, Olalla Díaz Sánchez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, os presentes autos de xuízo ordinario de reclamación de cantidade número 640/2011 seguidos por instancia de Banque PSA Finance representado polo procurador Manuel Carlos Diz Guedes e coa dirección letrada de Cándido Francisco Rivera contra Rubén Arturo Galego Gómez, en situación de rebeldía procesual.
Decido que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Banque PSA Finance fronte a Rubén Arturo Galego Gómez condeno este a que aboe ao demandante a suma de 15.500,53 euros co incremento no xuro pactado na póliza presentada, con expresa imposición de custas á parte demandada.
A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para preparar neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación.
Notifíquese ás partes.
Así o acordo, mando e asino.
E atopándose devandito demandado, Rubén Arturo Galego Gómez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.
O Porriño, 20 de maio de 2014
A secretaria xudicial
