Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31822

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014 pola que se adhiren dúas entidades financeiras ao convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Resolve 2014).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 30 de xaneiro de 2014, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2014). As ditas bases publicáronse mediante a Resolución do 9 de maio de 2014 (DOG nº 90, do 13 de maio).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Xa que con datas do 13 e 16 de maio de 2014, respectivamente, se ratificou a adhesión das entidades financeiras Banco Etcheverría, S.A. e Banco de Sabadell, S.A., cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,

RESOLVO:

Único. Engadir as entidades financeiras Banco Etcheverría, S.A. e Banco de Sabadell, S.A., á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, asinado o 9 de maio de 2014.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica