Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32045

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (915/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 915/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Allo Recarey contra Tórculo Artes Gráficas, S.A., Fotocopias Maxin, S.L.U., Fogasa, María Sierra Rodríguez, Unidixital, S.L., Randstad Empleo ETT, S.A., Campus na Nube, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Carolina Nores Díaz.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2014.

Antecedentes de feito:

Primeiro. En data do 25 de abril de 2014 ditouse sentenza no presente procedemento. Pola demandada interesouse por escrito aclaración de sentenza, do cal se deu traslado á parte demandante.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 267.1 da Lei orgánica do poder xudicial que “Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que se produza”.

Ao anterior precepto debe agregarse o establecido nos artigos 214 e seguintes da Lei de axuizamento civil ao establecer que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que se produza.

As aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo; neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Pola súa banda, o artigo 215 refírese á emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos establecendo que as omisións ou defectos que puideren posuír sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente para efecto as ditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecido no artigo anterior.

Se se tratase de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitado no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da dita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo cal resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

Se o tribunal advertise en sentenzas ou autos que ditase as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado.

Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computar desde o día seguinte á notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Doutra parte, non procede acceder á imposición de custas no presente procedemento. A mera non comparecencia do demandado non é razón de temeridade ou mala fe.

Segundo. Interésase pola demandada que se indique que data se tivo en conta co fin do cálculo da indemnización, se a data en que a subrogación debese ter lugar ou a da extinción da relación laboral no ERE.

Do propio contido da resolución ao indicar que a condena destas demandadas é por non proceder á subrogación, cando esta debía operar, a consecuencia legal é que o efecto do despedimento se produce cando a subrogación non tivo lugar, estando obrigado a iso, isto é o 21 de agosto de 2013, data tida en conta para o cálculo da indemnización.

Terceiro. Interésase igualmente aclaración acerca da procedencia das entidades Tórculo Artes Gráficas e Campus na Nube para descontar a indemnización percibida pola demandante no procedemento de extinción da relación laboral seguido contra Fotocopias Maxin no Xulgado do Mercantil.

Das consecuencias do despedimento deben responder solidariamente as empresas cedente e cesionaria, por aplicación do artigo 44.3 do ET, que impón a responsabilidade solidaria, durante tres anos, de cedente e cesionaria polas obrigas laborais nacidas con anterioridade á transmisión, neste caso, das consecuencias do despedimento improcedente da demandante; non obstante, a dita responsabilidade solidaria respecto de Fotocopias Maxim, S.L.U. alcanzará unicamente o aboamento da indemnización –ou de ser o caso diferenzas da indemnización con respecto á fixada no procedemento concursal– por non resultar posible respecto da dita empresa a readmisión ao terse extinguido o contrato de traballo que a vinculaba coa demandante no procedemento concursal con anterioridade ao presente pronunciamento. Todo iso sen prexuízo, se é o caso, de optarse pola indemnización o aboamento por ambas as dúas empresas cedente e cesionaria unicamente das diferenzas que procedan na indemnización, que a traballadora tivese percibido xa a cantidade fixada polo Xulgado do Mercantil.

De maneira que para unha maior claridade a decisión debería quedar exposta nos seguintes termos:

Que considerando a demanda interposta por instancia de Beatriz Allo Recarey, asistida do letrado Sr. Blanco Loberias, contra a entidade Fotocopias Maxin, S.L.U. (declarada en concurso, sendo nomeada administradora concursal María Sierra Domínguez), que debidamente citados non compareceron e contra as entidades Unidixital, S.L., que non compareceu neste acto malia estar debidamente citada, as entidades Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L., asistidas polo letrado Sr. Lobato Iglesias, e a entidade Randstad Empleo ETT, S.A., asistida polo letrado Sr. Fernández Victoria, e contra Fogasa, que non compareceu malia estar debidamente citada,

Debo declarar e declaro:

A improcedencia do despedimento, condenando as entidades Tórculo Artes Gráficas e Campus na Nube, de forma solidaria, a optar pola inmediata readmisión da traballadora (o que, de ser o caso, lle correspondería á actual adxudicataria) no seu posto de traballo, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir, a razón de 39,40 euros/día ou, de ser o caso, ao aboamento de 5.161,40 euros en concepto dunha indemnización. Alcanzando a responsabilidade solidaria respecto de Fotocopias Maxim, S.L.U. unicamente o aboamento da indemnización –ou, de ser o caso, diferenzas da indemnización con respecto á fixada no procedemento concursal– por non resultar realizable respecto da dita mercantil a readmisión, ao terse extinguido o contrato de traballo que a vinculaba coa demandante no procedemento concursal; e todo iso sen prexuízo de optarse pola readmisión pola nova empresa adxudicataria, do reintegro da indemnización pola traballadora, en caso de percibila xa no procedemento concursal; ou ben do aboamento polas empresas Fotocopias Maxim, S.L.U., Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L., unicamente das diferenzas que procedan na indemnización, en caso de que se optase pola indemnización e que a traballadora tivese percibido xa a cantidade fixada polo Xulgado do Mercantil.

Debo condenar e condeno as demais demandadas a estar e pasar por esta declaración.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación.

Parte dispositiva:

Procede a aclaración da sentenza ditada neste procedemento do 25 de abril de 2014 no sentido recollido nos fundamentos xurídicos desta resolución.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta a miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxim, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2014

A secretaria xudicial