Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións do recurso RR/CON/2013/00155 e tres máis, devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións dos recursos.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes aos últimos enderezos coñecidos dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, caberá recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Recurso

Recorrente

Acto notificado

Último enderezo

RR/CON/2013/00155

Jesús Vázquez Gómez

Resolución recurso de reposición

Curros Enríquez 5-2º A 15002 A Coruña

RA/COP/2013/00015

José Ramón Salgado Poceiro

Resolución recurso de alzada

Pazos 61 - Cobres

36142 Vilaboa (Pontevedra)

RA/CON/2014/00096

Pedro Gómez Alonso

Resolución recurso de alzada

Salvador Dalí 4-2º B

32002 Ourense

RA/COC/2013/00019

Constantin Boghici

Resolución recurso de alzada

Gran Vía 214-4º A

15100 Carballo (A Coruña)