Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de axudas do Programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR345B 2009/172-1 e TR345B 2009/871-1.

Unha vez intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 2 de xullo de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2009/172-1.

Nome ou razón social: Marineda Servicios Coruña, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Nova 18-20, 15003 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2009/871-1.

Nome ou razón social: Giusseppinos, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Murillo 24-3º H, 15570 Narón, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.