Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se notifica a Resolución do 6 de xuño de 2014, pola que se resolve o recurso de alzada interposto por Mª Argimira Capeáns Garrido contra as bases definitivas de concentración parcelaria de Codeseda (A Estrada-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada interposto por Mª Argimira Capeáns Garrido contra as bases definitivas da concentración parcelaria de Codeseda (A Estrada-Pontevedra); en execución da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, Servizo Técnico-Xurídico, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5º da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá a interesada interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: resolución do recurso de alzada interposto por Argimira Capeáns Garrido contra as bases definitivas de concentración parcelaria de Codeseda (A Estrada-Pontevedra), en execución da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Interesada: Inés Cabaleiro Cabaleiro.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: A Sagrada, nº 12, Codeseda, 36684 A Estrada, Pontevedra.