Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32324

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Amaro

ANUNCIO de información pública sobre a delimitación de solo do núcleo rural común da Reguenga (Navío).

Por instancia de Rogelio González Fernández foi incoado expediente de delimitación de solo de núcleo rural común da Reguenga Navío (San Fiz). De conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, na redacción dada a esta pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, queda aberto un período de información pública polo prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no DOG e nos xornáis La Voz de Galicia e La Región. No caso de se producir a inserción en datas diferentes, o prazo computará desde a última publicación. O proxecto e o expediente da súa razón póñense de manifesto na Secretaría Xeral do Concello de San Amaro onde poden ser consultados de luns a venres en horario laborable.

San Amaro, 1 de xullo de 2014

Ernesto Pérez González
Alcalde