Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32680

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2014 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de xullo de 2014, polo que se declara festa de Galicia de interese turístico a Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, esta dirección dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta na súa reunión do 17 de xullo de 2014, que a seguir se transcribe:

«Declarar festa de Galicia de interese turístico, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, a seguinte:

• A Festa do Mexillón e do Berberecho, que se celebra a segunda semana de agosto, no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra)».

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia