Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32960

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

ANUNCIO de oferta de emprego temporal de dúas prazas neste consello.

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia anuncia a convocatoria de dúas prazas de técnico auditor para o órgano de control.

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir posto de carácter temporal de técnico auditor.

Segundo. Terán acceso a cubrir esta praza os titulados superiores, técnicos ou grao en Ciencias, preferentemente referidos á produción e transformación de alimentos. Valorarase experiencia no sector da agricultura ecolóxica e na inspección e certificación de produtos agroalimentarios, coñecementos de informática, dispoñibilidade para viaxar, carne de conducir e vehículo propio.

Terceiro. As solicitudes, que incluirán curriculum vitae e copia das titulacións requiridas para participar nesta convocatoria, poderanse presentar no prazo dez días naturais a partir da publicación deste anuncio, no seguinte enderezo: Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Apdo. nº 55, 27400 Monforte de Lemos, Lugo ou por email a craega@craega.es.

Monforte de Lemos, 23 de xullo de 2014

José Antonio Fernández Álvarez
Presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia