Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33197

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 24 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN201H).

missing image file

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia posúe, entre outras competencias, as referidas á artesanía, ao comercio interior e á planificación e desenvolvemento das estruturas comerciais, nos termos recollidos no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria. Dentro destas cabe sinalar, especificamente, a promoción, fomento, modernización e desenvolvemento do comercio e da artesanía e a programación e xestión de axudas destinadas a estes fins.

O comercio e a artesanía teñen unha importancia fundamental para a economía galega, ao mesmo tempo que actúan como un elemento vertebrador das nosas vilas e cidades. Estas actividades na actualidade están sometidas a un profundo proceso de cambio, que exixe realizar un esforzo de modernización e adaptación continuo, coa finalidade de acadar unha maior competitividade.

Así os cambios no sector comercial e artesanal deben orientarse á súa modernización mediante o establecemento de novas fórmulas de comercialización e distribución non incorporadas con anterioridade pola persoa comerciante ou artesá, que impliquen cambios significativos na súa actividade e redunden na súa competitividade.

Con esta finalidade, a Consellería de Economía e Industria a través desta orde de axudas, dirixida a comerciantes retallistas e artesáns así como ás federacións de comerciantes sen fin de lucro e ás asociacións profesionais de artesáns, para a posta en marcha daquelas actuacións que requiran de accións conxuntas para acadar unha maior eficacia, ten por obxecto a modernización destes sectores para a súa adaptación ás novas tendencias do mercado e para que sexan un motor de crecemento das nosas vilas e cidades.

A Xunta de Galicia, mediante o desenvolvemento do Plan Impulsa-Lugo, do
Plan Impulsa-Ourense, do Plan Ferrol, Eume e Ortegal e do Plan Revive Costa da Morte pretende impulsar o crecemento e a creación de riqueza nos concellos comprendidos nos devanditos plans. Dado que as provincias de Lugo e Ourense e os concellos de Ferrolterra e da Costa da Morte se viron afectados con especial incidencia pola desaceleración no desenvolvemento das empresas existentes, así como unha menor implantación de novas iniciativas empresariais, considérase fundamental que a Dirección Xeral de Comercio, a través das súas liñas de axudas, conceda un nivel superior de intensidade da axuda ás iniciativas levadas a cabo nestas áreas xeográficas coa finalidade de estimular o seu desenvolvemento económico e social e mellorar o seu tecido comercial.

As actuacións desta convocatoria financiaranse coa participación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e, polo tanto, a súa tramitación quedará condicionada ao cumprimento da normativa da Unión Europea nesta materia.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía e Industria en materia de comercio interior, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía e Industria, para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para
o ano 2014.

3. Para a concesión destas subvencións destínase 1.900.000,00 €, con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

Beneficiarios

08.02.751A.770.1 Modernización e emprendemento do comercio retallista

1.300.000,00

Artigo 3º, alíneas a) e b) do anexo I

08.02.751A.781.1 Modernización e emprendemento do comercio retallista

600.000,00

Artigo 3º, alíneas c) e d) do anexo I

Dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, para 2014. Estas aplicacións orzamentarias están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e o 20 % restante polo Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). As actuacións previstas están comprendidas no programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dentro do eixe 2, tema prioritario 09, actuación 08.

Estas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, á existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 2. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude (anexo IV) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

2. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no DOG e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

Artigo 3. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate de presentación de solicitudes.

Artigo 4. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN201H, poderase obter información a través dos seguintes medios:

1. Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo:

https://sede.xunta.es

2. Páxina web oficial da Consellería de Economía e Industria:

http://economiaeindustria.xunta.es, na súa epígrafe de axudas.

3. Nos teléfonos 981 54 55 25 ou 881 99 94 81 da Dirección Xeral de Comercio.

4. No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.es

5. Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (dedde o resto do Estado: 902 12 00 12).

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 5. Recursos

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Comercio para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2014

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e conta co financiamento nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e o 20 % restante polo Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). Así mesmo, quedará suxeito ao réxime de axudas de mínimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1), así como aos regulamentos (CE) 1080/2006 (DOUE do 31 de xullo), 1083/2006 (DOUE do 31 de xullo) e 1828/2006 (DOUE do 15 de febreiro 2007) relativos ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e a Orde EHA 524/2008, do 26 de febreiro, relativa aos gastos subvencionables polo Feder e o Fondo de Cohesión.

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

En concreto, considéranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2014 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19.

Para os comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais

a) Ferramentas que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus produtos, e que non fosen utilizados polo establecemento/obradoiro con anterioridade.

Investimento máximo subvencionable: 4.300,00 €.

Porcentaxe subvencionable: 70 %

b) Desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetaxe, dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto.

Investimento máximo subvencionable: 10.000,00 €.

Porcentaxe subvencionable: 70 %.

c) Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos.

Investimento máximo subvencionable: 6.000,00 €.

Porcentaxe subvencionable: 70 %.

d) Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda.

Investimento máximo subvencionable: 36.000 €.

Porcentaxe subvencionable: 70 %.

Os beneficiarios só poderán solicitar unha actuación por cada epígrafe. O investimento máximo subvencionable por beneficiario será de 56.300,00 € (IVE excluido), e a porcentaxe de subvención do 70 %. No caso de que o local onde se desenvolve a actividade estea situado nos concellos que se indican a continuación, a porcentaxe de subvención será do 75 %.

• Concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal: concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Ares, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño.

• Concellos da Costa da Morte: A Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo, Zas.

• Concellos da provincia de Lugo.

• Concellos da provincia de Ourense.

Para as federacións de comerciantes:

a) Para o desenvolvemento do m-commerce, aplicacións informáticas (apps) e webs para teléfonos móbiles. No deseño incluirase como mínimo: deseño gráfico da aplicación, desenvolvemento e a publicación nas plataformas, así como os idiomas. Deberán incluir actividades de promoción, publicidade, ofertas, etc.

Os proxectos que se implanten deberán implicar polomenos 50 establecementos comerciais.

Investimento máximo subvencionable: 7.100,00 €.

Porcentaxe subvencionable: 70 %.

Cada federación só poderá presentar a solicitude para unha aplicación informática (apps).

Para as asociacións profesionais de artesáns:

a) Sistemas que engadidos ao produto ou ao seu packaging ou envase completen a información deste, sinalando o proceso de elaboración, a historia, a rastrexabilidade ou outros valores engadidos.

Neste caso os proxectos que se implanten deberán implicar polomenos 20 obradoiros.

Investimento máximo subvencionable: 121.500,00 €.

Porcentaxe subvencionable: 70 %.

b) Proxectos de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.

Investimento máximo subvencionable: 93.000,00 €.

Porcentaxe subvencionable: 70 %.

Para as actuacións desta epígrafe o investimento máximo subvencionable por beneficiario será de 214.500,00 € .

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Así mesmo, non serán subvencionables os seguintes conceptos:

– Obras para o acondicionamento do local.

– Medidas orientadas á mellora de imaxe exterior.

– Adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade.

– Ordenadores, TPV.

– Bolsas convencionales.

– Os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

Artigo 2. Financiamento e concorrencia

1. As subvencións que se establezan para as actuacións previstas nesta orde financiaranse con crédito correspondente ás seguintes aplicacións orzamentarias 08.02.751A.770.1 e 08.02.751A.781.1 «Modernización e emprendemento do comercio retallista. Estas aplicacións orzamentarias están cofinanciadas nun 80 %, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e o 20 % restante polo Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). As actuacións previstas están comprendidas no programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dentro do eixe 2, tema prioritario 09, actuación 8.

2. O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.

3. Estas axudas son acumulables con outras axudas cofinanciadas con Feder, sempre que non se supere o custo total da actuación. Os gastos cofinanciados con Feder non poderán recibir axuda de ningún outro instrumento financeiro comunitario.

4. As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

Artigo 3. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, así como as federacións de comerciantes e as asociacións profesionais de artesáns, que en todos os caso cumprirán ademais os seguintes requisitos:

a) Comerciantes retallistas.

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma.

– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

– Que estea dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante.

– Que figuren inscritos no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

b) Titulares de obradoiros artesanais.

– Que o obradoiro artesán figure inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia no momento da convocatoria desta orde.

– Que fagan uso da marca Artesanía de Galicia.

c) As federacións de comerciantes sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Que figuren inscritas no Rexistro Galego de Comercio

d) As asociacións profesionais de artesáns de Galicia legalmente constituídas.

– Que alomenos 10 dos seus membros figuren inscritos no Rexistro Galego de Artesanía.

Non poderán ser beneficiarios/as destas axudas as empresas en crise, conforme á definición prevista no artigo 1 número 7, do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en Crise (2004/C 244/02) en relación coas grandes empresas.

Artigo 4. Solicitudes

1. As solicitudes para participar no procedemento da concesión da subvención presentaranse na forma e no prazo que se indica na convocatoria. Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:

4.1.1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante (orixinal ou copia compulsada) que deberá estar en vigor:

Se é unha persoa física:

– Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade ou numero de identificación de estranxeiro.

No caso de persoa xurídica:

– Número de identificación fiscal.

– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

– Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade e documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración do representante legal da entidade solicitante.

No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica:

– Número de identificación fiscal.

– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

Deberán constar expresamente (anexo V) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

No caso de federacións de comerciantes ou asociacións profesionais de artesáns:

– Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente, así como o código de identificación fiscal.

– Poder suficiente de quen represente a entidade solicitante, xunto co seu documento nacional de identidade, só no caso de non autorizar a súa verificación.

– Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da federación ou asociación profesional de artesáns que acredite o número de asociados que a integran.

– No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.

– Para as federacións de comerciantes, informe da mesa local de comercio correspondente, relativo á solicitude de subvención, de conformidade co disposto no artigo 3 b) do Decreto 183/2011, do 15 de setembro, polo que se regulan as mesas locais de comercio.

4.1.2. No caso de comerciantes retallistas, certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen os epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a entidade solicitante.

4.1.3. Certificacións emitidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

As certificacións indicadas nos puntos 4.1.2 e 4.1.3 só deben presentarse no caso de que a entidade solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para que a solicite de oficio. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o devandito documento sen compulsar.

4.1.4. No caso de comerciantes retallistas, documentación acreditativa do número de traballadores (TC2) do mes anterior á presentación da solicitude ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social da non existencia de traballadores.

4.1.5. Proxecto e memoria de viabilidade de cada unha das actuacións para as cales se solicita subvención, que incluirá a súa descrición, obxectivos e valoración económica das actuacións que se pretenden executar.

4.1.6. Facturas ou, no seu defecto facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas polo solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor (considéranse contratos menores os contratos de importe inferior a 50.000 euros, cuando se trate de contratos de obras, ou a 18.000 euros, cando se trate doutros contratos), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o solicitante.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán presentarse coa solicitude de axuda, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa. As ofertas deberán ter sinatura e selo orixinal do provedor. Para modificar o provedor seleccionado deberá pedir previamente á súa contratación autorización a Dirección Xeral de Comercio e xustificar as razóns do cambio.

Considerando o anterior, deberá achegarse a documentación disposta nos parágrafos seguintes:

a) Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas detalladas dos investimentos sobre os cales se solicita a axuda, obtidos dos provedores seleccionados polo solicitante, con independencia da contía dos investimentos.

b) Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas que non foron seleccionados polo solicitante para a realización do proxecto.

c) Memoria económica xustificativa da elección dos provedores, cando a elección do provedor non recaia na oferta economicamente máis vantaxosa, das tres que, como mínimo, obtivo o solicitante, salvo cando polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

Non existe deber de presentar esta memoria xustificativa cando a elección do provedor recaia na oferta economicamente máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo o solicitante.

As ofertas presentadas e os provedores elixidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de ser beneficiario da axuda. Non se considerarán subvencionables, parcial ou totalmente, aqueles investimentos dos cales non se presente documentación económica completa conforme o aquí recollido.

4.1.7. Para os efectos sinalados no artigo 10 destas bases, achegarase, de ser o caso, a seguinte documentación, que en ningún caso, será obxecto de requirimento:

Para os comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:

– Certificado de pertenza a unha asociación de comerciantes ou artesáns.

– Xustificación de ter implantada na súa páxina web a venda en liña.

Para as federacións de comerciantes ou asociacións profesionais de artesáns:

– Certificación emitida pola persoa que exerza a secretaría da entidade solicitante, onde se faga constar a relación de establecementos comerciais ou obradoiros artesáns que están implicados na implantación do proxecto.

– No caso de que o proxecto implique o establecemento dunha política ambiental que contribúa á mellora da sustentabilidade, emprego de materiais ecolóxicos e reciclables en envases, embalaxes, así como a adopción doutras medidas de redución de impacto ambiental, certificado emitido pola secretaría da entidade.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Artigo 5. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

Artigo 6. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación de solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.es.

Artigo 7. Órganos competentes

A Dirección Xeral de Comercio será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, así como para realizar a proposta de resolución ao conselleiro, correspondendo ao conselleiro de Economía e Industria ditar a resolución que corresponda, sen prexuízo da delegación noutros órganos.

Artigo 8. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que subministre cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 9. Comisión de valoración

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos interesados.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

1º) Presidente: Subdirector/a da Dirección Xeral de Comercio.

2º) Vogal: un/a xefe/a de servizo da Dirección Xeral de Comercio.

3º) Vogal: un/a xefe/a de sección da Dirección Xeral de Comercio.

4º) Vogal: un/a técnico da Dirección Xeral de Comercio, que fará as funcións de Secretario.

3. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a subvención, especificándose a valoración que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada un deles, ata esgotar o crédito dispoñible.

4. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para ser atendidas, ben co crédito que quede libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 10. Criterios de valoración

a) Para os comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:

• A calidade do proxecto, a adecuación dos obxectivos e a necesidade e coherencia da actuación a subvencionar, de 1 a 5 puntos.

• Adhesión ao sistema arbitral de consumo, 1 punto.

• Por pertenza a unha asociación de comerciantes, empresarios ou artesáns, ou por estar integrado nun centro comercial aberto, 2 puntos.

• Por exercer a actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes, 2 puntos.

• Por ter implantada na súa páxina web a venda en liña: 2 puntos.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible, no caso de que máis dunha solicitude obteña a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1. A maior puntuación na calidade do proxecto, na adecuación dos obxectivos e na necesidade e coherencia da actuación a subvencionar.

2. Exercer a actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes.

3. Adhesión ao sistema arbitral de consumo.

b) Para as federacións de comerciantes e asociacións profesionais de artesáns.

• A calidade do proxecto, a adecuación dos obxectivos e a necesidade e coherencia da actuación que se vai subvencionar, de 1 a 5 puntos.

• Implantación dos proxectos.

No caso de federacións de empresarios:

Se a implantación do proxecto implica a máis de 50 establecementos comerciais, 2 puntos; de 61 a 70 establecementos comerciais, 3 puntos; 71 establecementos comerciais ou máis 4 puntos.

No caso de asociacións profesionais de artesáns:

Se a implantación do proxecto implica a máis de 20 obradoiros, 2 puntos; de 31 a 39 obradoiros, 3 puntos; 40 obradoiros ou máis 4 puntos.

• Se o proxecto implica o establecemento dunha política ambiental que contribúa á mellora da sustentabilidade, emprego de materiais ecolóxicos e reciclables en envases, embalaxes, así como a adopción doutras medidas de redución de impacto ambiental, 2 puntos.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible, no caso de que máis dunha solicitude obteña a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1. A maior puntuación na calidade do proxecto, na adecuación dos obxectivos e na necesidade e coherencia da actuación que se van subvencionar.

2. A maior implantación dos proxectos.

Artigo 11. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Non obstante, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 12. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o instrutor formulará a proposta de resolución, que se elevará, a través do órgano instrutor, ao conselleiro.

2. O conselleiro, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvenciona e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía, ou, se é o caso, a causa de denegación.

En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario, ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable establecido.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate de presentación de solicitudes. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Nesa notificación comunicarase o importe previsto da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, e o seu carácter de axuda de minimis, en aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

As resolucións de inadmisión ou desestimación de solicitudes notificaranse individualmente, con indicación das súas causas.

Artigo 13. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1º) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

2º) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 14. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión da subvención poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, cumpríndose, en todo caso, os seguintes requisitos:

1º) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

2º) Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

3º) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supoñan a denegación da axuda ou subvención.

3. O beneficiario deberá solicitar a modificación mediante instancia dirixida ao conselleiro de Economía e Industria xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de vinte días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento.

4. O acto polo que se acorde a modificación da resolución ou, se é o caso, se denegue, será ditado polo órgano concedente despois da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia aos interesados na forma prevista no artigo 11 destas bases.

Artigo 15. Aceptación e renuncia

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, transcorridos dez días hábiles desde a notificación ou publicación desta sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e, desde ese momento, adquirirá a condición de beneficiario.

2. A renuncia á subvención, debidamente motivada, poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

3. En caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o conselleiro ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 º da mesma lei.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas do beneficiario:

1º) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

2º) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

3º) Someterse ás verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006, así como ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, ou a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4º) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de mínimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo ao que fai referencia o artigo 1.2º destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención.

5º) Acreditar con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

6º) Manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de tres anos desde a súa concesión.

7º) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da devandita lei.

8º) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un prazo de tres anos contados desde o peche do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Todo isto, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control; e deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

Artigo 17. Obrigas específicas de publicidade

1. O beneficiario deberá cumprir as medidas en materia de información e publicidade reguladas na sección 1 do capítulo II do Regulamento (CE) nº 1.828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, números 1 e 2 do Regulamento (CE) 846/2009 da
Comisión do 1 de setembro de 2009, e que se recollen na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2014, que poden consultarse na páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/guia-intervencions-cofinanciadas-fe

2. En aplicación desta normativa en materia de publicidade, os beneficiarios deberán ter en conta que, de acordo co artigo 9 do citado Regulamento (CE) nº 1828/2006 e o artigo 1.2.a) do Regulamento (CE) 846/2009, todas as medidas de información e publicación establecidas, incluirán os elementos seguintes:

O emblema da Unión Europea.

Referencia ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Declaración do Fondo: «Unha maneira de facer Europa».

Proporcionalidade entre emblemas.

Asemade, os beneficiarios destas axudas, independentemente do seu importe, deberán adoptar as medidas de información e publicidade previstas no artigo 8.4 do devandito regulamento. Para iso e na medida do posible, para os proxectos previstos nesta orde, os beneficiarios farán unha referencia ao financiamento na súa páxina web, no que figure o logo, emblema UE e lema Feder.

3. A aceptación desta axuda supón a publicación na lista de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión.

Artigo 18. Subcontratación

Enténdese que un beneficiario subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

Será de aplicación o disposto nos artigos 27 da Lei 9/2007 e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007.

Faise especial indicación de que as persoas ou entidades subcontratadas non poderán estar vinculadas coa entidade solicitante salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª) Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª) Que se solicite e conceda a súa previa autorización (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. O pagamento da subvención quedará condicionada á presentación, nos lugares sinalados no artigo 2.2. da convocatoria e ata o 10 de novembro de 2014, do orixinal ou copia compulsada da seguinte documentación:

a) Xustificantes dos investimentos: facturas dos provedores e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e con eficacia administrativa nos termos que se establezan regulamentariamente (importe sen IVE e importe total), en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2014 e a data límite de xustificación.

b) Xustificación dos pagamentos: acreditarase a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento comprendido entre data de inicio do proxecto e a data límite da xustificación do proxecto. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, así como o número de factura obxecto do pagamento e a data deste. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da devandita entidade bancaria.

c) No caso de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor, certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o dito documento sen compulsar.

2. Os órganos competentes da Consellería de Economía e Industria poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes.

Artigo 20. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Consellería, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. O libramento da subvención aboarase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria á entidade financeira ao número de conta designado polo beneficiario.

3. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión, sempre que estea garantida a consecución do obxecto. En caso de concorrencia con outras subvencións ou axudas observarase o establecido no artigo 2º desta orde.

Artigo 21. Incumprimento, reintegros e sancións

1. Nos supostos de falta de xustificación, de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia ou de incumprimento dos deberes contidos nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de mora correspondente desde o momento do pagamento da subvención incluíndo a data en que se acorde a orixe do reintegro.

2. O procedemento para declarar a orixe da perda deste dereito será o establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, a Dirección Xeral de Comercio poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se e o caso, establecendo a obriga de reintegro.

Cando se trate de condicións referentes a contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables e, se é o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 65 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

4. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da dita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Control

1. A Consellería de Economía e Industria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Á parte do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 23. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, e será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía e Industria.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no regulamento desta lei, aprobado polo Decreto 11/2009,
do 8 de xaneiro; na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro; na lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade, no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1) no Regulamento (CE) nº 1080/2006, no Regulamento (CE) nº 1083/2006, no Regulamento (CE) nº 1828/2006, relativos ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e no resto de normativa que resulte de aplicación.

ANEXO II
Epígrafes do IAE subvencionables

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e refugos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.

647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.

647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.

647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se encontre comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.

651. Comercio polo miúdo de productos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.

652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.

652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos.

654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.

659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.

659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutaría.

659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e lacado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.

659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.

661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección un variado relativamente amplo e pouco profundo de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos.

ANEXO III
Concellos con menos de 5.000 habitantes (cifras oficiais da pobación a 1.1.2013)

A Coruña

Lugo

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Aranga

2051

Abadín

2721

Ribas de Sil

1033

Baña, A

3849

Alfoz

1946

Ribeira de Piquín

609

Boimorto

2154

Antas de Ulla

2171

Riotorto

1417

Boqueixón

4370

Baleira

1420

Samos

1502

Cabana de Bergantiños

4716

Baralla

2798

Saviñao, O

4202

Cabanas

3287

Barreiros

3061

Sober

2469

Capela, A

1366

Becerreá

3048

Taboada

3173

Cariño

4337

Begonte

3231

Trabada

1228

Carnota

4504

Bóveda

1570

Triacastela

739

Cerdido

1258

Carballedo

2465

Valadouro, O

2100

Cesuras

2131

Castroverde

2840

Vicedo, O

1898

Coirós

1751

Cervantes

1563

Xermade

2071

Corcubión

1654

Cervo

4430

Xove

3497

Curtis

4112

Corgo, O

3761

Dodro

2934

Cospeito

4954

Dumbría

3216

Folgoso do Courel

1136

Fisterra

4907

Fonsagrada, A

4059

Frades

2509

Friol

4071

Irixoa

1442

Guntín

2980

Laxe

3267

Incio, O

1822

Lousame

3493

Láncara

2839

Mañón

1507

Lourenzá

2348

Mazaricos

4141

Meira

1769

Mesía

2849

Mondoñedo

4074

Moeche

1335

Monterroso

3888

Monfero

2109

Muras

723

Oza dos Ríos

3204

Navia de Suarna

1299

Paderne

2534

Negueira de Muñiz

217

Pino, O

4708

Nogais, As

1270

Rois

4818

Ourol

1123

San Sadurniño

3020

Palas de Rei

3613

Santiso

1785

Pantón

2772

Sobrado

2016

Paradela

2004

Somozas, As

1249

Páramo, O

1520

Toques

1265

Pastoriza, A

3362

Tordoia

3817

Pedrafita do Cebreiro

1175

Touro

3919

Pobra do Brollón, A

1894

Trazo

3343

Pol

1757

Val do Dubra

4136

Pontenova, A

2610

Vilarmaior

1247

Portomarín

1654

Vilasantar

1362

Quiroga

3552

Zas

4983

Rábade

1637

Ourense

Pontevedra

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Amoeiro

2257

Monterrei

2875

Agolada

2745

Arnoia, A

1048

Muíños

1744

Arbo

2967

Avión

2323

Nogueira de Ramuín

2271

Barro

3712

Baltar

1028

Oímbra

2019

Campo Lameiro

1982

Bande

1890

Paderne de Allariz

1545

Catoira

3421

Baños de Molgas

1727

Padrenda

2135

Cerdedo

1865

Beade

465

Parada de Sil

642

Cotobade

4359

Beariz

1136

Peroxa, A

2030

Covelo

2800

Blancos, Os

908

Petín

986

Crecente

2314

Boborás

2737

Piñor

1280

Cuntis

4913

Bola, A

1361

Pobra de Trives, A

2319

Dozón

1241

Bolo, O

1060

Pontedeva

644

Forcarei

3820

Calvos de Randín

1028

Porqueira

961

Fornelos de Montes

1864

Carballeda de Avia

1438

Punxín

776

Lama, A

2862

Carballeda de Valdeorras

1727

Quintela de Leirado

671

Mondariz

4800

Cartelle

3037

Rairiz de Veiga

1527

Mondariz-Balneario

656

Castrelo de Miño

1675

Ramirás

1712

Moraña

4400

Castrelo do Val

1138

Riós

1751

Neves, As

4192

Castro Caldelas

1412

Rúa, A

4685

Oia

3094

Cenlle

1278

Rubiá

1518

Pazos de Borbén

3113

Chandrexa de Queixa

560

San Amaro

1202

Pontecesures

3113

Coles

3171

San Cibrao das Viñas

4906

Portas

3033

Cortegada

1231

San Cristovo de Cea

2497

Rodeiro

2844

Cualedro

1876

San Xoán de Río

657

Entrimo

1311

Sandiás

1316

Esgos

1208

Sarreaus

1365

Gomesende

895

Taboadela

1603

Gudiña, A

1508

Teixeira, A

406

Irixo, O

1685

Toén

2527

Larouco

557

Trasmiras

1500

Laza

1487

Veiga, A

1000

Leiro

1724

Verea

1112

Lobeira

855

Viana do Bolo

3163

Lobios

2130

Vilamarín

2121

Maceda

3025

Vilamartín de Valdeorras

1826

Manzaneda

971

Vilar de Barrio

1528

Maside

2920

Vilar de Santos

923

Melón

1396

Vilardevós

2062

Merca, A

2119

Vilariño de Conso

660

Mezquita, A

1169

Xunqueira de Ambía

1620

Montederramo

854

Xunqueira de Espadanedo

862

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file