Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2014/064-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/064-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: liñas de media tensión soterradas (LMTS), centro de transformación (CT) e redes de baixa tensión soterradas (RBTS) de Piñoi.

Situación: concello de Oza-Cesuras.

Características técnicas:

– Instalación e montaxe do centro de transformación Piñoi, interior en edificio prefabricado de formigón de tipo monobloque, incluíndo un transformador de 100 kVA e 4 celas de media tensión: tres celas de entrada/saída de liñas motorizadas, e unha cela de protección mediante fusibles do transformador, todas elas con illamento de corte SF6.

– Tramo de liña subterránea de media tensión de interconexión entre o apoio existente tipo HV-1000/13 da LMT Os Peteiros-Velle e Vilar Cesuras-Mesía (expediente 2005/367) e o CT Piñoi en proxecto (denominado circuíto 1), simple circuito, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 kAl + H16), de 30 metros de lonxitude, tal e como se reflicte no plano nº TZ-01.

– Tramo de liña subterránea de media tensión de interconexión entre a LMT a CT Castellana (expediente 51079) no apoio existente de tipo metático C-2000/3T e o CT Piñoi en proxecto (denominado circuíto 2). Simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 kAl + H16), de 96 metros de lonxitude, tal e como se reflicte no plano nº TZ-01.

– Tramo de liña subterránea de media tensión de interconexión entre a LMT CT en Pardiñas Cesuras (expediente 2001/149-1) no apoio existente de tipo metálico C/2000/3T e o CT Piñoi en proxecto (denominado circuíto 3), simple circuito, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 kAl + H16), de 96 metros de lonxitude, tal e como se reflexa no plano nº TZ-01.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 2 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña