Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto multicriterio, para a adxudicación do contrato non harmonizado de subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento do centro de día en Cesantes-Redondela (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contratación documentalmente simplificada).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20814

e) Número de expediente: 67/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento do Centro de Día Residencial en Cesantes-Redondela (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

CPV: (referencia de nomenclatura):

– Lote 1 (mobiliario diverso): 39100000-3, 39221000-8, 37524000-7, 33192000-2, 39500000-7, 32321300-2, 33100000-1.

– Lote 2 (cociña e lavandaría): 39141000-2, 39700000-9, 44410000-7, 32000000-3.

b) División por lotes e número: si, 2 lotes.

c) Lugar de entrega e instalación: Centro de Día Residencial en San Pedro, Cesantes-Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 60 días (lotes 1 e 2).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 175.335,88 €, IVE (10 % e 21 %): 33.853,75 €. Importe total: 209.189,63 €.

– Lote 1: valor estimado: 122.247,88 €, IVE (10 % e 21 %): 22.705,27 €. Total: 144.953,15 €.

– Lote 2: valor estimado: 53.088,00 €. IVE (21 %): 11.148,48 €. Total: 64.236,48 €.

Esta contratación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80 % (eixe 6, tema prioritario 79, medida 6.79) e con fondos de compensación interterritorial que cofinancian (FCI) nun 20 %.

5. Garantías.

Definitiva: si, 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia: véxase punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20814

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono:

– Información de índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información de índole técnica 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).

e) Telefax: información de índole administrativa: 981 54 56 85 (Servizo de Obras).

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación de ofertas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se deberá presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre «A», con indicación do número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1. Oficina de Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a sábado das 9.00 ás 14.00 horas.

Calquera posible variación relativa ao horario publicarase no perfil do contratante.

2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado e xustificarase a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil de contratante:

(http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20814), con tres días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar