Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 28 de xullo de 2014, da Delegación de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (González Díaz, Avelina).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázase a interesada sinalada no anexo para ser notificada por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

A interesada, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Delegación de Pontevedra da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 28 de xullo de 2014

P.R. (Orde do 27 de xuño de 2014)
Ángel Ignacio Fuentes Ríos
Delegado de Pontevedra

ANEXO

Interesada

Órgano

tramitador

Procedemento

NIF

Nome e apelidos

32374295R

González Díaz, Avelina

Unidade de Inspección Tributaria

Comunicación de inicio de actuacións inspectoras.

Imposto de sucesións e doazóns.

Exercicio 2010.

Expte.: INS/2014/32/000/18.

Procedemento:

ITP e AXD: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

TPC: taxación pericial contraditoria.