Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34169

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (116/2014).

Execución de títulos xudiciais 116/2014.

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 670/2013.

Sobre: despedimento.

Demandante: Fernando Castro Pose.

Avogada: Marisol Romero Salgado.

Demandados: Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 116/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Castro Pose, contra a empresa Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., Yesos y Morteros de Carballo, S.L., sobre despedimento, se ditou auto en data 15 de xullo de 2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Debo declarar e declaro extinguida a relación laboral existente entre Fernando Castro Pose e as mercantís Yesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L. e Yesos y Morteros de Carballo, S.L. no día de hoxe (15.7.2014) e, así mesmo, condeno conxunta e solidariamente as mercantís Yesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L. e Yesos y Morteiros de Carballo, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 18.952,23 euros en concepto de indemnización e a cantidade de 27.817,85 euros en concepto de salarios de tramitación, calculados desde a data do despedimento (24.9.2012) ata a presente resolución (655 días), a razón de 42,47 euros diarios.

Faise saber que, en caso de non dar cumprimento á presente resolución, continuará a presente como execución monetaria polo importe total de 46.770,08 euros incrementados con 4.677 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo este último importe de ulterior liquidación.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza maxistrada substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Yiesbes, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., Yesos y Morteros de Carballo, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

A secretaria xudicial