Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 17 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2013/000197-2 e tres máis).

Segundo o que dispón o artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), notifícanse ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura de Coordinación da Área do Mar, sita na avenida Ramón Canosa, s/n, Viveiro.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000197-2.

Denunciado: Emilio Miguel Ramos Fernández.

DNI: 77595932G.

Enderezo: r/ Rosalía de Castro, 42, 1º A, Burela.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 1.200 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000200-2.

Denunciado: Isaac Hernández Rodríguez.

DNI: 20263708H.

Enderezo: rúa Bispo Veres, 6, 1º, Ribadeo.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 429,80 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000208-2.

Denunciado: Alfredo Rodríguez Díaz.

DNI: 33994369R.

Enderezo: avenida García Dóriga, 9, Viveiro.

Precepto infrinxido: 136.D.1.

Sanción: 30 euros.

Nº deexpediente: PESAN1 2013/000214-2.

Denunciado: Isaac Hernández Rodríguez.

DNI: 20263708H.

Enderezo: rúa Bispo Veres, 6, 1º, Ribadeo.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 301 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia núm. 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario, os interesados deberán recoller na citada Xefatura de Coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes desde a firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Lugo, 17 de xullo de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo