Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34154

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (951/2012-PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 951/2012 PM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 733/2011 Xulgado do Social número 4 de Pontevedra.

Recorrente: José Cousiño Castro.

Avogado: Liberio Sánchez González.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Florida 1100, S.A.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 951/2012 desta sección, seguido por instancia de José Cousiño Castro contra a empresa Florida 1100, S.A., sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Francisco Cousiño Otero contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, de data 5 de outubro de 2011, ditada en autos número 733/2011, seguidos por instancia do citado recorrente fronte aos demandados, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Fremap, así como fronte á mercantil Florida 1100, S.A., sobre grao de incapacidade, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número
1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Florida 1100, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xuño de 2014

A secretaria xudicial