Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34292

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

RSU (3286-12 CG).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3286/2012 seguido por instancia de José Fraguas Rei contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Obras y Edificaciones Seixo, S.L., Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Mupresca, Obras e Edificaciones Boa Vila sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto polo graduado social José M. Rapado Cavada, actuando en nome e representación de José Fraguas Rei contra a sentenza con data do vinte e dous de marzo de dous mil doce, ditada nos autos 530/2011 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, seguidos por instancia do recorrente contra o INSS, TGSS, a Mutua Fraternidad-Mupresca e as empresas Obras y Edificaciones Seixo y Obras y Edificaciones Boa Vila revogamos esta e no seu lugar, estimando a demanda formulada na súa pretensión subsidiaria, recoñecemos ao demandante afecto dunha incapacidade permanente parcial para a profesión de albanel, derivada de continxencia profesional (enfermidade profesional), co dereito ao percibimento dunha indemnización a tanto alzado de 24 mensualidades da base reguladora regulamentaria condenando as codemandadas a estar e pasar pola referida declaración e a Mutua Fraternidad Muprespa ao aboamento da indemnización indicada sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de noutificación en forma a Obras y Edificaciones Seixo, S.L. e Obras y Edificaciones Boa Vila actualmente en ignorado paradoiro, ambas as dúas con último domicilio coñecido na rúa A Estrada, 26, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de xullo de 2014

A secretaria xudicial