Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de xullo de 2014, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente VP-C 30/14 e catro máis.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 18 de xullo de 2014

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 30/14.

Denunciado: José Manuel Hurtado de Mendoza Anido.

VP-C 32/14.

Denunciada: Epaat, S.L.

VP-C 35/14.

Denunciado: Alfredo Ríos Puga.

VP- 37/14.

Denunciada: Benedicta Fernández Núñez.

VP-C 38/14.

Denunciados: Mª Asunción Regueiro Brandariz e Francisco Javier Jiménez Izquierdo.

Acto notificado: acordo de incoación do procedemento sancionador en materia de vivenda.