Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34449

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2014 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de agosto de 2014 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar xustifícase pola execución do auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da sala do contencioso-administrativo, sección primeira do 16 de xullo de 2014, polo que se require á Xunta de Galicia para que se proceda á execución da sentenza dese tribunal, do 30 de outubro de 2013 (PO 586/2011).

O dito pronunciamento xudicial anula a modificación da provisión dos postos de traballo das xefaturas de unidade operativa, nivel 22, debéndose substituír o sistema de provisión de libre designación polo de concurso de méritos.

En consecuencia e de conformidade co disposto no citado auto, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 1 de agosto de 2014, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 1 de agosto de 2014, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file