Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se somete a información pública o expediente de modificación do contrato de xestión de servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada V-2470; XG-236, Chantada-San Fiz.

De conformidade do disposto na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse, por solicitude da empresa contratista, expediente de modificación do seguinte contrato:

Contrato: V-2470; XG-236 Chantada-San Fiz.

Contratista: Viledobus, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 2º andar), efectuar as alegacións que xulguen oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónio mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.lugo@xunta.es

Lugo, 4 de xullo de 2014

María del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo