Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de desenvolvemento dun sistema intelixente de alertas multinivel dentro do subproxecto IS-7 (AB-SER1-14-012).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-14-012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento dun sistema intelixente de alertas multinivel dentro do subproxecto IS-7.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72000000-5.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 248, do 30 de decembro de 2013.

Boletín Oficial del Estado nº 6, do 7 de xaneiro de 2014.

Diario Oficial da Unión Europea nº 2014/S 001-000649, do 2 de xaneiro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 453.600 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 453.600 euros. Importe total: 548.856 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 27.6.2014.

b) Data de formalización: 19.7.2014.

c) Contratista: T-Systems ITC Iberia, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 418.837,44 euros. Importe total: 506.793,28 euros.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde 5.7.2012)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos