Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34539

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (323/2014).

María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que no rolo civil número 323/2014, dimanante do procedemento de garda, custodia e alimentos número 432/2013, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, recaeu sentenza, do teor literal seguinte:

«Maxistrados: Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer, María Begoña Rodríguez González.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, constituída polos maxistrados expresados con anterioridade, ditou:

En nome do rei a seguinte sentenza número 245:

En Pontevedra, tres de xullo de dous mil catorce.

Visto o recurso de apelación interposto contra a sentenza pronunciada no xuízo verbal sobre medidas en materia de fillos menores seguido co número 432/2013 ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, sendo apelante a demandante Fátima María Diz Barcala, representada pola procuradora señora Rendo Couto e asistida pola letrada señora Cores Torres, e apelados o demandado Walmor Ricerdo Gouvea de Mello, declarado en rebeldía, e o Ministerio Fiscal. É relator o maxistrado Manuel Almenar Belenguer.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

A sala.

Decide:

Que estimando o recurso de apelación interposto por Fátima María Diz Barcala, representada pola procuradora señora Rendo Couto, contra a sentenza pronunciada o 10 de abril de 2014 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, debemos revogar e revogamos parcialmente a devandita resolución no sentido de acordar, ademais das medidas adoptadas na citada sentenza, as seguintes:

1ª. Prohíbese saída do territorio nacional da menor, salvo autorización xudicial previa.

2ª. Prohíbese a expedición do pasaporte á menor sen a autorización de ambos os dous proxenitores, para o cal se librará atento oficio á Dirección Xeral de Policía.

Non ten lugar facer expresa imposición das custas desta alzada.

Así, por esta sentenza, xulgando definitivamente na instancia, o pronuncia, manda e asina a sala constituída polos maxistrados expostos na marxe».

Seguen as rúbricas. Certifico.

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Walmor Ricerdo Gouvea de Mello, estendo e asino o presente testemuño.

Pontevedra, 3 de xullo de 2014

A secretaria xudicial