Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34530

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2014 pola que se convocan as persoas aspirantes admitidas pola quenda xeral de acceso libre, á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), do grupo III, convocado por Resolución do 2 de decembro de 2013.

Por Resolución reitoral do 2 de decembro de 2013 (DOG do 16 de decembro e BOE do 24 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), unha pola quenda de promoción interna e outra pola quenda de acceso libre.

A vista do acordo do tribunal que dá por concluído o proceso selectivo pola cota de reserva para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, sen que ningunha persoa aspirante o superase, ofértanse todas as vacantes convocadas á de quenda xeral de acceso libre, tal como establecen os puntos 1.2 e 1.3 da convocatoria.

A resolución reitoral do 1 de abril de 2014, no seu punto quinto, establece que as persoas admitidas pola quenda xeral de acceso libre, serán convocadas para realizar o segundo exercicio, mediante resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia. De conformidade con isto,

resolvo:

Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda xeral de acceso libre para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 14 de outubro de 2014, ás 11.00 horas, na aula 7 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus Norte, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2014

P.D. (Resolución reitoral do 22.7.2014)
Isabel Rodríguez-Moldes Rey
Vicerreitora de Investigación e Innovación