Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34543

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (139/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 139/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Míguez Martínez contra Diseño Horreo 51 Bajo, S.L.U., José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (Peluquería Deseño), sobre ordinario, ditouse Decreto 525/2014, do 3 de xullo, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia provisional total do executado José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (CIF G15434343) pola suma de 3.123,04 euros en concepto de principal máis outros 312,30 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan xerarse na execución, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da LXS.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2014

A secretaria xudicial