Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de acordo de cambio de uso de parcela.

O Pleno municipal en sesión celebrada o 21 de xullo de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Cambiar o uso da parcela 9224501NJ4092S0001FP sinalada en planos adxuntos, sita na rúa Veeduría 2, de forma que o Sistema xeral de equipamentos, uso militar (DF(pb)) previsto actualmente polo PEPRI pase a ser un Sistema xeral de equipamentos, uso benestar social ou cultural (CU/oc (pb)), de maneira que se poida implantar calquera das dúas categorías de equipamento de forma indistinta, de conformidade co proxecto de cambio de uso redactado pola arquitecta municipal.

Segundo. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar o presente acordo á Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas, e aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico, así como á Oficina do SIG de Planeamento».

Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación ou, se é o caso, notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

Non obstante poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á recepción da notificación, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 28 de xullo de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo