Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada e tramitación ordinaria, para a adquisición de equipamento electromédico asociado a obra con destino a quirófanos de urxencias do Hospital Universitario da Coruña cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea, no marco do eixe 6, tema prioritario 76 do programa operativo de Galicia Feder 2007-2013. AB-SER2-14-003 (3 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Número do expediente: AB-SER2-14-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: equipamento electromédico.

c) División por lotes e número: 3 lotes.

d) Lugar de entrega da subministración: Hospital Universitario da Coruña.

e) Prazo máximo de entrega: 45 días naturais desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: adxudicación baseada na pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento sen IVE: 206.500,00 €.

b) Orzamento con IVE: 227.150,00 €.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

d) Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

e) Telefax: 881 54 86 11.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación das ofertas, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: contratación documentalmente simplificada, ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

f) Admisión de ofertas conxuntas: si, unha.

9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Outras informacións: toda información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2014

P.D. (Decreto 311/2009, Orde do 15 de xuño)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos

missing image file