Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 34927

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 1 de agosto de 2014 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Axencia Galega de Innovación, anunciada pola Orde do 7 de xullo de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia Galega de Innovación, mediante a Orde do 7 de xullo de 2014 (DOG núm. 131, do 11 de xullo) de conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Ley da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Axencia Galega de Innovación, anunciada pola Orde do 7 de xullo de 2014 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Segundo. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo de referencia aos funcionarios que se indica no anexo I desta orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando o adxudicatario do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data de alta.

Cuarto. A xefatura de persoal do centro onde causen baixa os funcionarios, así como a daquel en que obteñan o destino, efectuarán dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión. A seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2014

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Rodríguez Rodríguez, Antonio.

NRP: 3424918668 A2073.

Subgrupo: A2.

Denominación do posto: xefatura do Departamento de Xestión da Innovación.

Código: IN.A11.00.002.15770.020.

Nivel: 28.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Blanco Aragón, Cristina.

NRP: 5139545824 A2060.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto: xefatura do Departamento de Xestión de Axudas.

Código: IN.A11.00.001.15770.020.

Nivel: 28.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Souto Iglesias, Fernando.

NRP: 4480797302 A2060.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto: xefatura do Departamento de Xestión Económica e Orzamentaria.

Código: IN.A11.00.001.15770.040.

Nivel: 28.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.