Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 34958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2012/19-2, 7987 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Confederación Hidrográfica del Cantábrico.

Domicilio social: urbanización La Fresneda, 33429 Siero, Asturias.

Denominación: LMTS e CTC de abonado para subministración eléctrica a EDAR.

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, con orixe no CTC 02771 PI Cuíña 3 e final no CT de abonado proxectado, cunha lonxitude de 351 metros de condutor proxectado tipo RHZ1-95.

– CT en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, relación de transformación de 20.000/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 21 de marzo de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo